jueves, 20 de junio de 2013

lunes, 22 de abril de 2013

Día del libro. 23 de abril


O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día do ano de 1616 faleceron personalidades como Cervantes,Shakespeare .
A celebración deste día foi unha decisión  tomada na Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, para render unha homenaxe universal aos libros e autores.
A frase de celebración do Día Mundial do Libro 2013: "Ler para Vivir"

Los 10 derechos del lector

viernes, 8 de marzo de 2013

OS NOSOS VERSOS 



Cantarte hei, Galicia, 
teus dulces cantares, 
que así mo pediron 
na beira do mare. 

Cantarte hei, Galicia, 
na lengua gallega, 
consolo dos males, 
alivio das penas. 


Mimosa, soave, 
sentida, queixosa, 
encanta si ríe, 
conmove si chora. 

Cal ela ningunha 
tan dose que cante 
soidades amargas, 
sospiros amantes, 


Que así mo pediron, 
que así mo mandaron, 
que cante e que cante 
na lengua que eu falo. 

Que asi mo mandaron, 
que así mo dixeron... 
Xa canto, meniñas. 
Mirá, que comenzo. 

lunes, 25 de febrero de 2013

jueves, 17 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

 O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no colexio. Esta é a canción que cantaremos, practicade algo para sabela moi ben.






La isla del tesoro


martes, 15 de enero de 2013

lunes, 10 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO



Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega, desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que trasmite a súa palabra.
O acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" será o vindeiro mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. ¡Anímete a recitar!